Novas da Federación

  • 22/11/2017 - NOTA ACLARATORIA SOBRE A PREINSCRICION DE CURSOS DE FORMACION

Coa finalidade de coñecer o número de posibles interesados en realizar os cursos de formación para xuíces-árbitros e adestradores, insertouse na páxina web da Federación unha preinscrición, que debe rematar, para tódolos cursos, agás o de iniciación de tiro ao prato, o 30 de novembro próximo.

Unha vez rematado este plazo, e de haber persoas interesadas, procederase á convocatória do curso, debendo inscribirisese as persóas que pretendan realizalo, estean ou non preiscritas.

O Presidente

  • 27/10/2017 - CAMPIONATO DE EUROPA F-CLASS 2017

A Xunta Directiva da Federación Galega de Tiro Olímpico, felicita aos tiradores galegos;Jose Antonio Lema Soto, Diego Gomez Eiras, Juan García Escudero,Antolín Sabarís Vilas e Jose Manuel Pajón Piñeiro, que formaban parte do equipo que representou a España, no Campionato de Europa de F-Class, celebrado en Bisley (UK), do 25 de setembro ao 1 de outubro de 2017, onde acadaron, entre outras, a medalla de ouro por equipos, na modalidade FTR.

  • 19/09/2017 - CAMPIONATO DE EUROPA DE ARMAS HISTÓRICAS 2017

A Xunta Directiva da Federación Galega de Tiro Olímpico, felicita a D. Miguel A. Colmenares Díaz, polos resultados obtidos no Campionato de Europa de Armas Históricas, celebrado en Granada, do 3 ao 10 de setembro de 2017, onde acadou os seguintes resultados; medalla de Ouro por equipos na modalidade Adams, medalla de bronce individual na modalidade Cominazzo, medalla de bronce por equipos na modalidade Wogdon e medalla de bronce individual na modalidade Kunitomo.

 

  • 03/04/2017 - NORMAS DE COMPETICIÓN PRATO E PRECISIÓN

    Xa están disponibles na web as normas de competición de prato e precisión. Podes acceder a elas a través do menú de cada especialidade.

  • 23/02/2017 - NOTA DE INTERESE PARA @S DEPORTISTAS.

Os Deportistas galegos interesados en cobrar as bolsas de axuda obtidas por  clasificación en Campionatos galegos, participación en campionatos de España, inscricións, medallas, Premios, etc., a través de transferencia bancaria, deberán remitir á Federación, certificación expedida póla entidade bancaria co número de conta aperturada ao seu nome. Deben figurar os 24 díxitos.

         A Secretaria Xeral,

  • 23/01/2017 - CALENDARIO COMPETICIÓNS PRATO 2017.

Xa está disponible na web o calendario provisioal de competicións da sección de prato. Podes acceder a través da sección de "Competicións" ou da sección de "Prato" no menú da web, ou ben picando aquí. Este calendario pode sufrir revisións períodicas ó longo do tempo.

  • 16/01/2017 - CALENDARIO COMPETICIÓNS PRECISIÓN 2017.

Xa está disponible na web o calendario provisioal de competicións da sección de precisión. Podes acceder a través da sección de "Competicións" ou da sección de "Precisión" no menú da web, ou ben picando aquí. Este calendario pode sufrir revisións períodicas ó longo do tempo.

  • 01/01/2017 - ENTRADA DE ANO NOVO.

 


 

  HISTORÍCO DE NOVAS